EspañolGalego
Portada Particulares Portada Empresas
Produtos e servizos
Perfís de usuario

Biasegurado Renda

Biasegurado Renda: Obteña unha rentabilidade mensual vitalicia con rentabilidade asegurada.

Se ten máis de 55 anos e busca un complemento seguro ás súas retribucións e manter o seu nivel de vida, co Biasegurado Renta, realizando unha achega inicial poderá constituír unha renda mensual vitalicia con rendibilidade aseguradada.

E cunha fiscalidade moi atractiva.

 

  • Seguridade: O cobro da renda permitiralle dispoñer dun fluxo continuo e previamente coñecido de pagos, ao contar cunha rendibilidade garantida.
  • Vantaxes fiscais:
a) Reducións sobre a parte de renda tributable, ao poderse aplicar un coeficiente determinado en función da idade á data de contratación (de ata o 92%)
b) Maior importe líquido mensual cobrado fronte a produtos alternativos, ao ser a renda tributable menor. 
  • É un produto de carácter vitalicio; no entanto en caso de necesidade, pode solicitar o rescate total da póliza en calquera momento segundo as condicións establecidas na póliza.

     
  • Tranquilidade para os seus: En caso de falecemento do asegurado, os beneficiarios da póliza recibirán a achega inicial máis un 5% adicional

Seguro de achega única incial coas seguintes características:

  • Achega mínima de 6.000 euros
  • As achegas deben ser múltiplo de 600 euros

 

  • Biagalicia comprométese ao pago dunha renda vitalicia mensual.
     
  • En caso de falecemento do asegurado, pagaráselles aos beneficiarios designados na póliza un capital semellante ao 105% da prima única inicial. Este capital non poderá superar a prima única máis 600 euros se existe agravamento do risco ou a partir da data na que o asegurado supere os 65 anos.

  • Supervivencia:

Se vostede está interesado en contratar o seguro Biasegurado Renta, debe acudir a unha das nosas oficinas.

Lembre que en On CaixaGalicia, a Oficina Virtual de Caixa Galicia, ten á súa disposición produtos con excepcionais condicións que poderá contratar directamente a través de Internet, dunha maneira sinxela e totalmente segura.


Publicidade autorizada: DXPFeT, expte. núm. 283/2010