
O seu servizo gratuíto de Banca Electrónica e Telefónica, cun mesmo acceso unificado para ambos os servizos.
Con só unha tarxeta de coordenadas e un PIN (número secreto) xa poderá operar a través de Banca Telefónica. A través de Internet engadimos un novo sistema de acceso que reforza a súa seguridade e que incorpora o teléfono móbil como dispositivo adicional.
Está destinado a facilitarlle a información e xestión das súas contas dende calquera lugar, e a calquera hora do día.
![]()
Súmese á Banca Electrónica máis segura, cun novo sistema de acceso que incorpora o teléfono móbil como dispositivo adicional e que poderá solicitar no 902 20 91 33.
Na actualidade, os servizos dispoñibles son os seguintes:
Xestión e contratación online de contas e depósitos
A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Préstamos e Créditos
| A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Investimentos
| A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Tarxetas
| A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Recibos e Domiciliacións
| A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Servizos Móbiles
A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
e-Correspondencia
A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Varios
A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Divisas
| A través do teléfono | A través de Internet |
|
|
Caixa Activa é un servizo gratuíto, polo que non terá ningún custo ao inscribirse, ademais, poderá beneficiarse de tarifas vantaxosas se opera a través de Internet.
Se vostede solicita o servizo de e-correspondencia no menú de Caixa Activa, non terá gastos de correo e disporá dun arquivo de todos os xustificantes e recibos que lle enviamos dende Caixa Galicia.
Ser cliente de Caixa Activa permitiralle realizar as súas operacións a través do ordenador ou teléfono, grazas a unha tarxeta de coordenadas e un número secreto que lle facilitaremos ao inscribirse no Servizo. Unha vez dado de alta, se o desexa, poderá ademais descargar no seu teléfono móbil a aplicación Activa Móbil para acceder ás principais operacións de Caixa Activa dende calquera lugar.
Tamén pode acceder á súa Caixa Activa- internet co dni-e. Consulte os pasos a seguir.
A través do seu ordenador
Poderá consultar e operar coas súas contas as 24 horas do día, os 7 días da semana, de forma totalmente segura e confidencial. E en condicións preferentes!
Só ten que conectarse á páxina de Internet www.caixagalicia.es ou directamente a https://activa.caixagalicia.es e introducir o seu PIN (número secreto) e os datos da tarxeta que lle sexan solicitados.
Só ten que marcar o 901 147 147 (00 34 981 179 600, se é chamada internacional) e os nosos operadores atenderano/a, tanto para realizar operacións como para resolver as súas consultas (teña a man a súa tarxeta CaixaActiva, porque lle pedirán unha coordenada dela).
Disporá, ademais, dun amplo horario (de 8.00 a 22.00 horas de luns a venres e de 8.00 a 15.00 horas os sábados) para realizar calquera das operacións dispoñibles. Fóra deste horario, pode realizar as operacións dispoñibles no servizo de atención automática as 24 horas do día, os 7 días da semana.
Se descarga a aplicación Activa Móbil no seu teléfono móbil, poderá acceder comodamente dende calquera lugar e en calquera momento ás principais operacións de Caixa Activa de forma totalmente segura e sen necesidade de usar a tarxeta de coordenadas.
Queremos presentarlle unha forma distinta de acceso a Caixa Activa. Poderá xerar as claves de acceso a caixa Activa Internet, sen necesidade de recibir unha SMS, tan só ten que acceder á súa aplicación móbil Activa Móbil e utilizar o Acceso Plus.
O funcionamento é moi doado e comprobará que todo son vantaxes:
+ info na sección de Servizos móbiles do menu de Caixa Activa internet
Sistema de sinxelo acceso, de consulta e de operatoria, tanto a través de Internet como do teléfono, xa que figura coas mesmas claves en ambos os servizos.
Evítalle desprazarse á oficina para realizar as súas xestións financeiras. Pode operar a calquera hora (Internet) e dende calquera lugar (Banca Telefónica e Internet).
Elevados controis que lle garanten a máxima seguridade.
Se opera a través de Internet, existe unha liña telefónica
902 20 91 33, que en horario de 8.00 a 22.00 de luns a venres e de 8.00 a 15.00 h. os sábados atenderá as súas consultas. Ademais, dispón dun enderezo de correo electrónico onde consultar calquera dúbida activa@caixagalicia.es.
Este servizo preséntase sen custo ningún de inscrición ou mantemento, ademais poderá beneficiarse de tarifas vantaxosas se opera a través de Internet.
Con Caixa Activa dispón de elevados controis que lle garanten a máxima seguridade.
Caixa Activa reforza a súa seguridade, cun novo sistema de acceso que incorpora o teléfono móbil e que poderá solicitar a través de Banca Telefónica no 902 20 91 33.
Particulares
![]()
Empresas
Información corporativa