

A Tarxeta Visa Business é unha tarxeta especialmente deseñada para a súa empresa, con todas as garantías e vantaxes que ofrece a marca Visa.
Disporá dunha ferramenta gratuíta (e-Business) que lle axudará a controlar os gastos das súas tarxetas de empresa ao tempo que optimiza os seus custos de xestión administrativa.
Ademais, a súa Tarxeta Visa e-Business incorpora a tecnoloxía Chip máis segura e fácil de usar. Consulta a Guía da Tarxeta Chip se necesita máis información.
Se xa é titular dunha Tarxeta Visa Clásica de banda, siga usándoa coas mesmas garantías e seguridade que ata agora. Antes da súa caducidade enviarémoslle a nova Tarxeta Visa Clásica con tecnoloxía Chip.
Obterá 4% de desconto na rede de estacións de servizo GALP adheridas. Encontre a gasolineira GALP máis próxima.
Incorpore á tarxeta a opción que desexe:
Requisitos:
Non se admitirán imaxes que conteñan:
Flexibilidade no pago que lle permite decidir a modalidade que mellor lle conveña acorde ás súas necesidades:
A Tarxeta Visa e-Bussines coida da súa empresa e dos seus empregados ofrecéndolle os seguientes seguros gratuítos:
Seguro Protección Prezo: Se vostede paga un artigo con esta tarxeta e máis tarde encontra o mesmo artigo anunciado a un prezo inferior, aboámoslle a diferenza.
Coberturas:
A Tarxeta Visa e-Business dispón dunha ferramenta que lle axuda a xestionar de forma dinámica todos os gastos realizados coas tarxetas da súa empresa.
Con este servizo poderá xestionar os gastos derivados da súa actividade empresarial: resumo de operacións do mes en curso, do mes anterior e acumuladas por clase de gasto; informes por departamento e/ou por titular.
Así, poderá xerar distintos informes de gastos:
Todos estes informes poderá recibilos de forma periódica no seu enderezo de correo electrónico.
Vexa exemplos de Informes a través da nosa DEMO
O acceso a información das súas tarxetas Visa e-Business realízase a traves do servizo de Banca Electrónica para empresas CaixaXestión.
Poderán realizar consultas a esta información tantos usuarios como vostede decida. Non existe ningunha limitación no que respecta ao acceso a esta ferramenta.
Para asignar usuarios deberá acceder por Caixa Xestión / opción Tarxetas / servizo e-Business indicando os novos usuarios que queira incluír cos seus respectivos passwords. A partir dese momento, estes usuarios poderán acceder aínda que non estean dados de alta en Caixa Xestión.
Se non dispón do servizo Caixa Xestión, pode solicitalo dende aquí.
| Tipo de Taxeta | Cota Anual* | Seguro** | Domiciliación noutra entidade |
|---|---|---|---|
Titular | 30 euros | Si | Si |
| Beneficiario | 20 euros | Si | Si |
Condicións do produto (PDF 41KB)
Se desexa contratar a súa tarxeta Visa e-Business, pode acudir a calquera das nosas oficinas de Caixa Galicia.
Lembre que en On CaixaGalicia, a Oficina Virtual de Caixa Galicia, ten á súa disposición produtos con excepcionais condicións que poderá contratar de forma sinxela e totalmente segura.
